A AUGA: UN GRAN TESOURO
Os alumnos de 5º e 6º Ed. Infantil do Colexio Plurilingüe Divina
Pastora (Franciscanas) realizaron varias actividades para a aprendizaxe e
valoración da auga no noso entorno, adaptadas cada unha
delas á idade dos nosos nenos.
A continuación presentamos os traballos
levados a cabo.
O Consumo Responsable da Auga- 5º de Educación Infantil.
Obxectivos:
- Valorar a
importancia da auga no medio
natural e da sua calidade para a
vida
manifestando actitudes de respeto e coidado.
- Diferenciar entre auga
potable e non potable.
- Tomar conciencia sobre a
contaminación dos mares e océanos.
- Reflexionar sobre as accións que
cada un deles poder favorecer para o aforro de auga nas
rutinas cotiás.
Metodoloxía empregada:
Contámoslles ós alumnos de 5ª de
Ed. Infantil un conto que nos axudase a introducir o tema do consumo responsable da auga.
A continuación fixemos unha asemblea na que se dialogou sobre o contido a traballar. Todos os nenos tiveron a oportunidade de manifestar as súas experiencias sobre a cuestión e as súas ideas sobre como
conseguir un aforro de auga nas tarefas cotiás e os problemas que poderiamos ter se non
realizamos un consumo responsable da mesma.
Finalmente
cada neno/a realizou un debuxo no que reflictise o falado na asemblea.
O Ciclo da Auga- 6º Educación Infantil
Obxectivos:
- Iniciar
ó neno no
proceso do ciclo da auga.
- Valorar a importancia do medio natural e da súa calidade para a
vida, manifestando actitudes de respeto e coidado.
- Iniciar
ó neno na
identificación dos cambios de estado.
- Coñecer os
efectos que os cambios de temperatura provocan sobre os elementos da vida cotiá.
Metodoloxía empregada:
Realizamos unha asamblea cos alumnos de 6º ed. Infantil na que explicamos o ciclo da auga, vendo imaxes do mesmo e apoiadas cun conto alusivo ó tema.
A continuación repartimos a cada neno un debuxo que representase algún dos elementos que interveñen no ciclo da auga (o sol, as montañas, o río, a natureza, as nubes, a choiva, a neve….) e cada un deles coloreou a imaxe que lle tocou.
Unha vez terminados, coa axuda da mestra recortáronos e picáronos.
RESULTADOS
E CONCLUSIÓNS DAS ACTIVIDADES TRABALLADAS EN ED. INFANTIL:
- Espertouse a súa curiosidade e interese polo ciclo da auga.- Iniciáronse no coñecemento dos tres estados da auga.
- Recoñecen os lugares naturais onde se dirixe a auga despois da precipitación.
- Coñecen e valoran a utilidade da auga , así como as conductas correctas para o seu aforro e aproveitamento.
- Comprenden a importancia de non tirar lixo ó mar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario