PROXECTO
EXPLICATIVO DA ACTIVIDADE DE ANÁLISE DAS AUGAS DO RÍO LOÑA
INTRODUCIÓN
Este proxecto preséntase como unha
actividade dentro dun proxecto de centro
que pretende promover a formación ambiental, acercar aos nenos e as súas
familias ó coidado responsable deste recurso natural.
A estratexia comprende a súa vez un
Programa de Voluntariado para o coidado dos Ríos co que se quere fomentar e
potenciar un sentimento de responsabilidade compartida na solución dos
diferentes problemas ambientais relacionados coa auga.
Unha das actividades máis destacadas é
o Control da Calidade das Augas, que achega aos alumnos ao río e
ensínalles a medir , analizar, e estudar
os diferentes elementos que determinan a boa calidade da auga.
Queremos fomentar nos alumnos o
coñecemento dos ecosistemas fluviais , así coma unha correcta protección do
medio acuático e o seu entorno.
ACTIVIDADE:
Para o control da calidade da auga,
tomaranse varias mostras da auga en diferentes tramos do río
Loña , para asegurar unha mellor veracidade dos datos obtidos.
A cada unha das mostras faráselle unha
análise de : pH, turbidez, osíxeno disolto, % de saturación de osíxeno, dureza
e nitratos.Unha vez recollidos os resultados elabóranse as conclusións.
OBXECTIVO:
Descubrir as diferentes
características e calidade da auga do río Loña.
DATA:
Xaneiro de 2014.
LUGAR:
Río Loña (tramo cercano a
desembocadura no Miño) ----Localización
RESPONSABLE:
María José Castro Fernández profesora do Departamento de CC Naturais
ALUMNADO
PARTICIPANTE:Voluntarios de 2º E.S.O.
MATERIAL
EMPREGADO:
Guantes
Termómetros
Coadores
Lupas
Pinzas
Bandexas
Manuais e táboas elaborados polo
profesor .
Tubos de ensaio
Kit de análise de augas (Test de: pH,
Nitratos, DO, Turbidez, Dureza, % de saturación de osíxeno…)
RESULTADOS:
Mostra
1
|
Mostra
2
|
Mostra
3
|
Mostra
4
|
|
Lugar
do muestreo
|
Riveira do río Loña
|
Riveira
do río Loña
|
Riveira
do río Loña
|
Riveira
do río Loña
|
Paisaxe
|
Rural
|
Rural
|
Rural
|
Rural
|
Cidade
máis cercana
|
Ourense
|
Ourense
|
Ourense
|
Ourense
|
Provincia
|
Ourense
|
Ourense
|
Ourense
|
Ourense
|
Tipo
de masa de auga
|
Rio
|
Rio
|
Rio
|
Rio
|
Nome
da masa de auga
|
Río Loña
|
Río Loña
|
Río Loña
|
Río Loña
|
Data/
hora
|
29 -1-14 ás 15:00h
|
29 -1-14 ás 15:00h
|
30 -1- 14 ás 16:00h
|
30 -1-14 ás 16:00h
|
Temperatura
ambiente (ºC)
|
10 ºC
|
10 ºC
|
11 ºC
|
10 ºC
|
Temperatura da auga (ºC)
|
7ºC
|
8
ºC
|
6,5 ºC
|
7
ºC
|
Turbidez
(jtu)
|
40jtu
|
40jtu
|
40jtu
|
40jtu
|
Dureza
total da auga(ppm)
|
50ppm
|
40ppm
|
50ppm
|
50ppm
|
Osíxeno
disolto(ppm)
|
4ppm
|
4pmm
|
4ppm
|
4ppm
|
Porcentaxe
de saturación de osíxeno (%)
|
34%
|
33%
|
33%
|
34%
|
Valor
do pH
|
7
|
6,5
|
7
|
6,5
|
Nitratos
(ppm)
|
5
|
5
|
0
|
5
|
CONCLUSIÓNS:
Despois da análise dos resultados dos
diferentes Test realizados as conclusións son as seguintes:
A temperatura
da auga foi aproximadamente uns 11ºC
. Este é un dato importante , xa que tanto para calcular o osíxeno disolto , como
a demanda biolóxica de osíxeno e a supervivencia das especies vai a ser
determinante.Pois a solubilidade do osíxeno é maior nas augas frías que nas
augas tibias.
En canto a turbidez das augas é de 40jtu
o que indica que non hai un leve exceso de partículas suspendidas nela, polo
que estas partículas non bloquean a chegada da luz solar as diferentes especies
acuáticas vexetais,e polo tanto poderán realizar a fotosíntese e favorecer que
os niveles de osíxeno disolto na auga non descendan. Ademais, os animais
acuáticos, non terán danos polo exceso de partículas en suspensión que poderían
danar as branquias dos peixes, enterrar os ovos de moitas especies ou destruír
a certos macroinvertebrados.
A dureza
destas augas está no intervalo de augas brandas
polo que non existen excesos de metales tóxicos nin teñen efectos negativos na
saúde , no medio ou nas tuberías .
A cantidade de osíxeno gasoso disolto na auga (DO) é de
que é un valor suficiente para a
supervivencia da maioría das especies.
Si este dato o temos en conta coa temperatura podemos ver que a porcentaxe de saturación de osíxeno é
de 33,7%no es alto polo que non está
nas mellores condicións seguramente
debido a un exceso de materia órganica en descomposición.
O valor
do pH é de 6,5 que se atopa
entre os valores aceptables para a maioría das plantas e animais acuáticos.Polo
que con respecto a este parámetro o resultado é excelente.
Os
nitratos diron uns valores que indican
que son augas sen contaminación ,
polo que este resultado tamén é bo.
A
raíz destes datos pódese concluír que se trata dun río cuxas augas están dentro
dese grupo de augas boas e nun entorno que a pesar de ser preto da cidade,
atopase nunhas condicións boas.
Fotos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario