Proxecto Ríos

Proxecto Ríos

luns, 12 de maio de 2014

OBXECTIVOS

1. Achegar a poboación ao entorno natural.

2. Concienciar da importancia de adoptar actitudes encamiñadas a protexer e mellorar o medio ambiente.

3. Traballar para mellorar a calidade dos ecosistemas fluviais.

4. Estimular e potenciar a participación cidadá na conservación do patrimonio natural.

5. Establecer unha rede cidadá activa na protección dos ríos, que permita coñecer o seu estado de saúde e prevenir e solucionar os problemas.


ACTIVIDADE ECOVIXIANTES

ECOVIXIANTES DO DIVINA PASTORA: LIMPEZA DO RÍO LOÑA


Presentación
O Colexio Plurilingüe Divina Pastora – Franciscanas , fiel á tradición Franciscana do contacto coa Natureza, é un dos pioneiros en participar no PROGRAMA AMBIENTAL “VOZ NATURA”, xa que das 17 Edicións celebradas, fixérono 13.

Creamos un grupo aproveitando o clube de Sendeirismo “El Coche de San Fernando”, e o Clube de Cicloturismo “Dale al pedal, chaval”, que se chama “ECOVIXIANTES DO DIVINA PASTORA”, que engloba  toda a Comunidade Educativa, e en especial aos alumnos desde Infantil ata o Bacharelato.

Este ano, a 17ª Edición de Voz Natura, leva por título “Playas y Ríos en buenas manos”; por iso incidimos nun programa ambiental volcado nas augas do noso entorno, en concreto un tramo do Río Loña na súa desembocadura no Miño, na cidade de Ourense.

Dende o ano 2008 participamos con ADEGA e Proxecto Ríos; analizamos e coidamos o bo estado dese tramo facendo inspeccións periódicas.

Realizamos CAMPAÑAS DE LIMPEZA baixo o lema “Pensa globalmente, actúa localmente”; e dicir que con pequenos xestos y actuacións podemos conseguir grandes cousas.

A Fundación Santiago Rey-Fernández Latorre otórganos 540 euros que nos serven para conseguir o material necesario para a nosa campaña: luvas de limpeza, bolsas de lixo, mochilas e kits de limpeza…

O profesorado implicado, cada vez mais numeroso, realiza cursos de formación, para estar ao día en calquera materia medioambiental.

Profesorado Implicado: Don Juan Luis Rodríguez Rodríguez, Director do Colexio: é o encargado da loxística, de dar o visto bo aos Proxectos que lle presentamos, e moitas veces acompañanos in situ; Dª María José Castro, Xefa de estudos e Profesora, de Ciencias Naturais; Don José Antonio Blanco, Profesor de Música, un gran apoio nas saídas en Bicicleta  e Sendeirismo; e D. Gonzalo Sánchez, Coordinador Ambiental e profesor de Ciencias Sociais.

Sempre nos preocupou sementar no nosos alumnos unha educación ambiental, uns hábitos de vida sa, e uns valores de respeto cara a todo o que nos rodea mediante:

- Concienciación, educación e participación cidadá, neste caso a Comunidade Educativa, en defensa dos nosos ríos.
- Inspeccións periódicas por parte dos voluntarios, a nivel local, co obxetcivo de facernos responsables da VIXILANCIA E ADOPCIÓN dese tramo do río que pasa polo noso municipio ou cidade.

Os estudantes realizaron  saídas da man do programa Voz Natura

Os alumnos do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense celebraron o Día dos Humedais de maneira especial. Nun entorno verde e preto do río Loña.  Seguindo a nosa aposta por este río próximo á capital, e que xa hemos limparamos en diversas ocasións da man do programa Voz Natura da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. Acompañados dunha das profesoras do centro educativo, María José Castro Fernández, e do coordinador da actividade, Gonzalo Sánchez Busóns, analizaron as súas augas ademais de realizar unah exhaustiva limpeza da zona.
Os 35 alumnos participantes dividíronse en dous grupos -aínda que algún repetiu os dous días da actividade- e cubriron fichas de inspección  e táboas, para saber algo mais sobre as características que debe ter a auga dun río e do seu estado.
Os escolares, da ESO e Bacharelato, xa visitaron en diversas ocasións ese mesmo espazo para limpalo e volverán unha vez que chegue a primavera para ademais estudar o ecosistema que rodea ao Loña, a través da recollida de follas e a clasificación da flora.

METODOLOXÍA EMPREGADA

Aproveitamos cada Inspección como unha convivencia: saímos do Colexio, imos dando un paseo, adicamos un tempo a comer, e despois explícase o que imos facer na actividade e dividímonos en grupos, segundo os participantes que sexamos.
Nunha campaña de Limpeza acotamos e delimitamos a zona a limpar; as cuadrillas e grupos repártense pola zona e indicámoslles o material a recoller (Nunca xeringas ou preservativos); ás veces comentamos e clasificamos, en base a fichas da nosa propia elaboración, o material encontrado, e as curiosidades de todo tipo: neumáticos, carros da compra, electrodomésticos…
Dende o Colexio lanzamos a actividade, a través das Circulares oficiais conforme aos nosos protocolos de Calidade; as familias están informadas dende a nosa Plataforma de Comunicación, e así os pais saben que están facendo os seus fillos. (Os pais e familiares tamén están convidados a participar, se así o desexan).

MATERIAIS


- Caixas grandes
- Luvas
- Manual elaborado polo profesor con normas de seguridade e pautas para a recollida selectiva de residuos.
- Cinta de embalar.
- Enganches.
- Rastrillos.
- Pala.
- Cámaras de fotos.
- Láminas de debuxo.

OBXECTIVOS

· Facer que o estudante aprenda o importante que é a reciclaxe de certos residuos como as pilas , baterías, cartuchos de impresoras….

· Recollida selectiva dos residuos para o seu reciclado.

· Espertar o interese, creatividade e valoración por coidar o medio ambiente e a nosa saúde.

· Conservar o medio ambiente en bo estado para mellorar o noso estado de vida no medio ambiente.

· Comunicar ao resto de compañeiros a importancia de participar nestes proxectos mediante murais, carteis …


· Valoración dos residuos encontrados.



DESENVOLVEMENTO DA  ACTIVIDADE:

Realizouse nas marxes do río onde se identificou a maior presenza de residuos sólidos e que se aprecian mais neste tempo de baixo caudal do río. Recolléronse uns 10 sacos de residuos de diversos materiais, sendo o plástico nas súas diversas formas o de maior presenza  nesta zona, ademais de pilas e restos de diversos electrodomésticos ou aparellos electrónicos de uso habitual. E identificouse que a orixe destes residuos é doméstico. Non se atoparon residuos químicos na análise das augas desta zona do río, polo que este tipo de contaminación non aparece.

Con esta actividade estase beneficiando o ecosistema do río e a súa biodiversidade que pode verse ameazada pola contaminación das súas augas por pasivos ambientais de orixe domestica na súa maior parte e residuos sólidos domésticos.
As actividades de limpeza continuarán na zona do Río Loña, tendo programado para o mes de marzo e xuño novas campañas de limpeza. 

CONCLUSIÓNS:

Trala recollida de residuos e a análise dos predominantes, podemos dicir que se trata dunha zona de baixísima contaminación química da auga así como no seu entorno. Os residuos mais habituais foron plásticos e outros materiais de orixe doméstica que se retiraron con facilidade deixando a zona totalmente saneada.
Tamén encontramos vertedeiros incontrolados, polo que demos conta a asociacións como AMIGOS DA TERRA, para que a través do seu servizo xurídico, podan facer a correspondente queixa.




- O alumnado da ESO e Bacharelato realizou unha saída o día 29 de Xaneiro de 2014 ao Río Lonia para limpar as beiras do río. Os alumnos foron guiados polos profesores Gonzalo Sánchez y María José Castro, coa colaboración do director Juan Luis Rodríguez.
A continuación podemos ver algunhas fotos da saída:













Para ver mais fotos pincha aquí.

ACTIVIDADES 5º E 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

A AUGA: UN GRAN TESOURO

Os alumnos de 5º e 6º Ed. Infantil do Colexio Plurilingüe Divina Pastora (Franciscanas) realizaron varias actividades para a aprendizaxe e valoración da auga no noso entorno, adaptadas cada unha delas  á idade dos nosos nenos.
A continuación presentamos os traballos levados a cabo.
O Consumo Responsable da Auga- 5º de Educación Infantil.
Obxectivos:
- Valorar a importancia da auga no medio natural e da sua calidade para a vida manifestando actitudes de respeto e coidado.
- Diferenciar entre auga potable e non potable.
- Tomar conciencia sobre a contaminación dos mares e océanos.
- Reflexionar sobre as accións que cada un deles poder favorecer para o aforro de auga nas rutinas cotiás.
Metodoloxía empregada:
Contámoslles ós alumnos de 5ª de Ed. Infantil un conto que nos axudase a introducir o tema do consumo responsable da auga.
A continuación fixemos unha asemblea na que se dialogou sobre o contido a traballar. Todos os nenos tiveron a oportunidade de manifestar as súas experiencias sobre a cuestión e as súas ideas sobre como conseguir un aforro de auga nas tarefas cotiás e os problemas que poderiamos ter se non realizamos un consumo responsable da mesma.
Finalmente cada neno/a realizou un debuxo no que reflictise o falado na asemblea.




O Ciclo da Auga- 6º Educación Infantil
Obxectivos:
- Iniciar ó neno no proceso do ciclo da auga.
- Valorar a importancia do medio natural e da súa calidade para a vida, manifestando actitudes de respeto e coidado.
- Iniciar ó neno na identificación dos cambios de estado.
- Coñecer os efectos que os cambios de temperatura provocan sobre os elementos da vida cotiá.
Metodoloxía empregada:
Realizamos unha asamblea cos alumnos de 6º ed. Infantil na que explicamos o ciclo da auga, vendo imaxes do mesmo e apoiadas cun conto alusivo ó tema. 
  
A continuación repartimos a cada neno un debuxo que representase algún dos elementos que interveñen no ciclo da auga (o sol, as montañas, o río, a natureza, as nubes, a choiva, a neve….) e cada un deles coloreou a imaxe que lle tocou. 
 
Unha vez terminados, coa axuda da mestra recortáronos e picáronos.




Finalmente os nenos foron creando o ciclo da auga cos elementos que eles mesmos realizaron.



RESULTADOS E CONCLUSIÓNS DAS ACTIVIDADES TRABALLADAS EN ED. INFANTIL:
- Espertouse a súa curiosidade e interese polo ciclo da auga.

- Iniciáronse no coñecemento dos tres estados da auga.

- Recoñecen os lugares naturais onde se dirixe a auga despois da precipitación.

- Coñecen e valoran a utilidade da auga , así como as conductas correctas para o seu aforro e aproveitamento.

- Comprenden a importancia de non tirar lixo ó mar.







3ª ACTIVIDADE: CONTROL DE CALIDADE DA AUGA DO RÍO LOÑA


PROXECTO EXPLICATIVO DA ACTIVIDADE DE ANÁLISE DAS AUGAS DO RÍO LOÑA

INTRODUCIÓN

Este proxecto preséntase como unha actividade dentro  dun proxecto de centro que pretende promover a formación ambiental, acercar aos nenos e as súas familias ó coidado responsable deste recurso natural.

A estratexia comprende a súa vez un Programa de Voluntariado para o coidado dos Ríos co que se quere fomentar e potenciar un sentimento de responsabilidade compartida na solución dos diferentes problemas ambientais relacionados coa auga.

Unha das actividades máis destacadas é o Control da Calidade das Augas, que achega aos alumnos ao río e ensínalles  a medir , analizar, e estudar os diferentes elementos que determinan a boa calidade da auga.
 
Queremos fomentar nos alumnos o coñecemento dos ecosistemas fluviais , así coma unha correcta protección do medio acuático e o seu entorno.

ACTIVIDADE:

Para o control da calidade da auga, tomaranse  varias  mostras da auga en diferentes tramos do río Loña , para asegurar unha mellor veracidade dos datos obtidos.
A cada unha das mostras faráselle unha análise de : pH, turbidez, osíxeno disolto, % de saturación de osíxeno, dureza e nitratos.Unha vez recollidos os resultados elabóranse as conclusións.


OBXECTIVO:
Descubrir as diferentes características e calidade da auga do río Loña.

DATA:
Xaneiro de 2014.

LUGAR:
Río Loña (tramo cercano a desembocadura no Miño) ----Localización

RESPONSABLE:
María José Castro Fernández  profesora do Departamento de CC Naturais

ALUMNADO PARTICIPANTE:Voluntarios de 2º E.S.O.


MATERIAL EMPREGADO:

Guantes
Termómetros
Coadores
Lupas
Pinzas
Bandexas
Manuais e táboas elaborados polo profesor .
Tubos de ensaio
Kit de análise de augas (Test de: pH, Nitratos, DO, Turbidez, Dureza, % de saturación de osíxeno…)



RESULTADOS:


Mostra 1
Mostra 2
Mostra 3
Mostra 4
Lugar do muestreo
Riveira do río Loña
Riveira do río Loña
Riveira do río Loña
Riveira do río Loña
Paisaxe
Rural
Rural
Rural
Rural
Cidade máis cercana
Ourense
Ourense
Ourense
Ourense
Provincia
Ourense
Ourense
Ourense
Ourense
Tipo de masa de auga
Rio
Rio
Rio
Rio
Nome da masa de auga
Río Loña
Río Loña
Río Loña
Río Loña
Data/ hora
29 -1-14 ás 15:00h
29 -1-14 ás 15:00h
30 -1- 14 ás 16:00h
30 -1-14 ás 16:00h
Temperatura ambiente (ºC)
10 ºC
10 ºC
11 ºC
10 ºC
Temperatura  da auga (ºC)
7ºC
8 ºC
6,5 ºC
7 ºC
Turbidez (jtu)
40jtu
40jtu
40jtu
40jtu
Dureza total da auga(ppm)
50ppm
40ppm
50ppm
50ppm
Osíxeno disolto(ppm)
4ppm
4pmm
4ppm
4ppm
Porcentaxe de saturación de osíxeno (%)
34%
33%
33%
34%
Valor do pH
7
6,5
7
6,5
Nitratos (ppm)
5
5
0
5



CONCLUSIÓNS:

Despois da análise dos resultados dos diferentes Test realizados as conclusións son as seguintes:
A temperatura da auga foi aproximadamente uns 11ºC . Este é un dato importante , xa que tanto para calcular o osíxeno disolto , como a demanda biolóxica de osíxeno e a supervivencia das especies vai a ser determinante.Pois a solubilidade do osíxeno é maior nas augas frías que nas augas tibias.

En canto a turbidez das augas é de 40jtu o que indica que non hai un leve exceso de partículas suspendidas nela, polo que estas partículas non bloquean a chegada da luz solar as diferentes especies acuáticas vexetais,e polo tanto poderán realizar a fotosíntese e favorecer que os niveles de osíxeno disolto na auga non descendan. Ademais, os animais acuáticos, non terán danos polo exceso de partículas en suspensión que poderían danar as branquias dos peixes, enterrar os ovos de moitas especies ou destruír a certos macroinvertebrados.

A dureza destas augas está no intervalo de augas brandas polo que non existen excesos de metales tóxicos nin teñen efectos negativos na saúde , no medio ou nas tuberías .

A cantidade de osíxeno gasoso disolto na auga  (DO) é de   que é un valor suficiente para a supervivencia da maioría das especies.  Si este dato o temos en conta coa temperatura podemos ver que a porcentaxe de saturación de osíxeno é de 33,7%no es alto polo que non está nas mellores condicións  seguramente debido a un exceso de materia órganica en descomposición.

O valor do pH é de 6,5 que se atopa entre os valores aceptables para a maioría das plantas e animais acuáticos.Polo que con respecto a este parámetro o resultado é excelente.

Os nitratos diron uns valores  que indican que son augas sen contaminación , polo que este resultado tamén é bo.


A raíz destes datos pódese concluír que se trata dun río cuxas augas están dentro dese grupo de augas boas e nun entorno que a pesar de ser preto da cidade, atopase nunhas condicións  boas.

Fotos:





Para ver mais fotos e vídeos preme aquí.

1ª ACTIVIDADE (13-11-2013)

O alumnado da ESO e Bacharelato realizou unha saída o día 13 de Novembro de 2013 ao Río Lonia para facer unha análise dos Humidais. Os alumnos foron guiados polos profesores do centro María José  Castro e Gonzalo Sánchez. 
A continuación podemos ver algunhas fotos da saída:














Para ver todas as fotos e os vídeos da saída pincha aquí.

venres, 9 de maio de 2014

NOTICIAS EN PRENSA

                                               Voz de Galicia (9-2-2014)
                                              Análise da Auga do Río Lonia



Suplemento Vida - La Región (9-2-2014)



Voz de Galicia ( 25-3-2014)





xoves, 8 de maio de 2014

DESCRICIÓN DO PROXECTO

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade.

Estas inspeccións realízanse como mínimo dúas veces ao ano, en base á metodoloxía e materiais de apoio proporcionados polo Proxecto Ríos que axudarán a cumplimentar as Follas de Inspección.

Unha vez recibidas estas na sede do Proxecto, elaboraranse informes anuais cos datos subministrados por todos os/as participantes nas distintas campañas Asemade, recolleranse nunha base de datos accesíbel nesta web. Posteriormente os grupos que así o desexen poden participar no Programa de Adopción de Ríos, co que se fan responsábeis, nalgunha medida,de velar polo estado de aqueles treitos de río que escollan.

A través de charlas e saídas formativas proporcionaranse as ferramentas básicas que garantan a participación activa e colaborativa do alumnado. Os centros de ensino poden traballar esta iniciativa dentro dos distintos departamentos (elaboración de roteiros, deseño de blogs, limpezas de ríos, elaboración de material multimedia etc.) e incluílo no seu proxecto educativo e na súa programación xeral anual.

Dende o Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense foméntase este proxecto onde o alumnado da ESO e Bacharelato participan activamente.

Historia

No ano 1999 a Associació Hábitats inicia o Projecte Ríus en Catalunya. Actualmente máis de 700 grupos forman esta rede de inspección de ríos, desenvolvendo un importante traballo de avaliación e coidado dos ríos catalás. No ano 2004, ADEGA asina un convenio de colaboración coa Associació Habitats para trasladar a iniciativa á Galiza, adaptandoa as características específicas das nosas concas fluviais. Nace así o Proxecto Ríos, xérmolo dunha nova conciencia de respecto polas nosas augas continentais a través do coñecemento e a participación activa e responsábel da cidadanía.

mércores, 7 de maio de 2014

DESCARGAS

Neste enlace atoparás unha ficha coa cal poderás analizar a calidade hidromorfolóxica, fisicoquímica e biolóxica dos ríos.

Ficha de Campo para a Inspección do Río


No seguinte enlace atoparás unha ficha coa que se pode analizar e debuxar o treito dun río.

Carpeta Esquema dun Treito 


No seguinte enlace poderás descargar unha ficha para analizar os diferentes vertidos atopados no dominio público hidráulico.

Ficha de Campo dos Vertidos


Neste enlace atoparás a información necesaria para facer unha boa limpeza dos ríos antes, durante e despois desta.

Protocolo de Actuación de Limpeza de Ríos