Proxecto Ríos

Proxecto Ríos

luns, 12 de maio de 2014

ACTIVIDADE ECOVIXIANTES

ECOVIXIANTES DO DIVINA PASTORA: LIMPEZA DO RÍO LOÑA


Presentación
O Colexio Plurilingüe Divina Pastora – Franciscanas , fiel á tradición Franciscana do contacto coa Natureza, é un dos pioneiros en participar no PROGRAMA AMBIENTAL “VOZ NATURA”, xa que das 17 Edicións celebradas, fixérono 13.

Creamos un grupo aproveitando o clube de Sendeirismo “El Coche de San Fernando”, e o Clube de Cicloturismo “Dale al pedal, chaval”, que se chama “ECOVIXIANTES DO DIVINA PASTORA”, que engloba  toda a Comunidade Educativa, e en especial aos alumnos desde Infantil ata o Bacharelato.

Este ano, a 17ª Edición de Voz Natura, leva por título “Playas y Ríos en buenas manos”; por iso incidimos nun programa ambiental volcado nas augas do noso entorno, en concreto un tramo do Río Loña na súa desembocadura no Miño, na cidade de Ourense.

Dende o ano 2008 participamos con ADEGA e Proxecto Ríos; analizamos e coidamos o bo estado dese tramo facendo inspeccións periódicas.

Realizamos CAMPAÑAS DE LIMPEZA baixo o lema “Pensa globalmente, actúa localmente”; e dicir que con pequenos xestos y actuacións podemos conseguir grandes cousas.

A Fundación Santiago Rey-Fernández Latorre otórganos 540 euros que nos serven para conseguir o material necesario para a nosa campaña: luvas de limpeza, bolsas de lixo, mochilas e kits de limpeza…

O profesorado implicado, cada vez mais numeroso, realiza cursos de formación, para estar ao día en calquera materia medioambiental.

Profesorado Implicado: Don Juan Luis Rodríguez Rodríguez, Director do Colexio: é o encargado da loxística, de dar o visto bo aos Proxectos que lle presentamos, e moitas veces acompañanos in situ; Dª María José Castro, Xefa de estudos e Profesora, de Ciencias Naturais; Don José Antonio Blanco, Profesor de Música, un gran apoio nas saídas en Bicicleta  e Sendeirismo; e D. Gonzalo Sánchez, Coordinador Ambiental e profesor de Ciencias Sociais.

Sempre nos preocupou sementar no nosos alumnos unha educación ambiental, uns hábitos de vida sa, e uns valores de respeto cara a todo o que nos rodea mediante:

- Concienciación, educación e participación cidadá, neste caso a Comunidade Educativa, en defensa dos nosos ríos.
- Inspeccións periódicas por parte dos voluntarios, a nivel local, co obxetcivo de facernos responsables da VIXILANCIA E ADOPCIÓN dese tramo do río que pasa polo noso municipio ou cidade.

Os estudantes realizaron  saídas da man do programa Voz Natura

Os alumnos do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense celebraron o Día dos Humedais de maneira especial. Nun entorno verde e preto do río Loña.  Seguindo a nosa aposta por este río próximo á capital, e que xa hemos limparamos en diversas ocasións da man do programa Voz Natura da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. Acompañados dunha das profesoras do centro educativo, María José Castro Fernández, e do coordinador da actividade, Gonzalo Sánchez Busóns, analizaron as súas augas ademais de realizar unah exhaustiva limpeza da zona.
Os 35 alumnos participantes dividíronse en dous grupos -aínda que algún repetiu os dous días da actividade- e cubriron fichas de inspección  e táboas, para saber algo mais sobre as características que debe ter a auga dun río e do seu estado.
Os escolares, da ESO e Bacharelato, xa visitaron en diversas ocasións ese mesmo espazo para limpalo e volverán unha vez que chegue a primavera para ademais estudar o ecosistema que rodea ao Loña, a través da recollida de follas e a clasificación da flora.

METODOLOXÍA EMPREGADA

Aproveitamos cada Inspección como unha convivencia: saímos do Colexio, imos dando un paseo, adicamos un tempo a comer, e despois explícase o que imos facer na actividade e dividímonos en grupos, segundo os participantes que sexamos.
Nunha campaña de Limpeza acotamos e delimitamos a zona a limpar; as cuadrillas e grupos repártense pola zona e indicámoslles o material a recoller (Nunca xeringas ou preservativos); ás veces comentamos e clasificamos, en base a fichas da nosa propia elaboración, o material encontrado, e as curiosidades de todo tipo: neumáticos, carros da compra, electrodomésticos…
Dende o Colexio lanzamos a actividade, a través das Circulares oficiais conforme aos nosos protocolos de Calidade; as familias están informadas dende a nosa Plataforma de Comunicación, e así os pais saben que están facendo os seus fillos. (Os pais e familiares tamén están convidados a participar, se así o desexan).

MATERIAIS


- Caixas grandes
- Luvas
- Manual elaborado polo profesor con normas de seguridade e pautas para a recollida selectiva de residuos.
- Cinta de embalar.
- Enganches.
- Rastrillos.
- Pala.
- Cámaras de fotos.
- Láminas de debuxo.

OBXECTIVOS

· Facer que o estudante aprenda o importante que é a reciclaxe de certos residuos como as pilas , baterías, cartuchos de impresoras….

· Recollida selectiva dos residuos para o seu reciclado.

· Espertar o interese, creatividade e valoración por coidar o medio ambiente e a nosa saúde.

· Conservar o medio ambiente en bo estado para mellorar o noso estado de vida no medio ambiente.

· Comunicar ao resto de compañeiros a importancia de participar nestes proxectos mediante murais, carteis …


· Valoración dos residuos encontrados.



DESENVOLVEMENTO DA  ACTIVIDADE:

Realizouse nas marxes do río onde se identificou a maior presenza de residuos sólidos e que se aprecian mais neste tempo de baixo caudal do río. Recolléronse uns 10 sacos de residuos de diversos materiais, sendo o plástico nas súas diversas formas o de maior presenza  nesta zona, ademais de pilas e restos de diversos electrodomésticos ou aparellos electrónicos de uso habitual. E identificouse que a orixe destes residuos é doméstico. Non se atoparon residuos químicos na análise das augas desta zona do río, polo que este tipo de contaminación non aparece.

Con esta actividade estase beneficiando o ecosistema do río e a súa biodiversidade que pode verse ameazada pola contaminación das súas augas por pasivos ambientais de orixe domestica na súa maior parte e residuos sólidos domésticos.
As actividades de limpeza continuarán na zona do Río Loña, tendo programado para o mes de marzo e xuño novas campañas de limpeza. 

CONCLUSIÓNS:

Trala recollida de residuos e a análise dos predominantes, podemos dicir que se trata dunha zona de baixísima contaminación química da auga así como no seu entorno. Os residuos mais habituais foron plásticos e outros materiais de orixe doméstica que se retiraron con facilidade deixando a zona totalmente saneada.
Tamén encontramos vertedeiros incontrolados, polo que demos conta a asociacións como AMIGOS DA TERRA, para que a través do seu servizo xurídico, podan facer a correspondente queixa.




- O alumnado da ESO e Bacharelato realizou unha saída o día 29 de Xaneiro de 2014 ao Río Lonia para limpar as beiras do río. Os alumnos foron guiados polos profesores Gonzalo Sánchez y María José Castro, coa colaboración do director Juan Luis Rodríguez.
A continuación podemos ver algunhas fotos da saída:













Para ver mais fotos pincha aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario