Proxecto Ríos

Proxecto Ríos

luns, 9 de febreiro de 2015

COIDANDO OS NOSOS RÍOS!


O Colexio Plurilungüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense está moi concenciado no coidado da natureza, e os alumnos queren facer todo o posible por lograr un ecosistema limpo e ecolóxico. 

Co Proxecto Ríos, tratamos de atender, protexer e velar o estado dos nosos ríos ca finalidade de que a fauna que neles se encontra poida crecer da maneira máis pura. Para isto, o centro ten "apadrinado" un tramo do río Loña o cal os alumnos tratan de coidar, prestar a atención e limpar preocupándose polo seu mantemento, desenvolvendo  desta forma, estilos de vida ecolóxicos á vez que se favorecen a convivencia e o traballo en equipo.

Mediante un kit para observar a calidade da auga, os alumnos de Bacharelato examinan no tramo de rio apadrinado o seu nivel de PH, osíxeno, dureza, velocidade, nitratos, turbidez, temperatura... dúas veces ao ano, unha en outono e outra en primaveira. 

Aquí temos algunhas imaxes das saídas realizadas:









Ningún comentario:

Publicar un comentario